Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fora de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixo perdido e poder reincorporse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín.
Una novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!